| From | Spain |
| Gender | male |
| Birth | 1992, A Coruña, A Coruña Province, Galicia, Spain |
| Age: | 28 years |
Jorge Saavedra Miranda, nado na Coruña en 1992, é un modelo e empresario galego.
Traxectoria
Fillo da fotógrafa Paloma Miranda, deuse a coñecer no concurso de modelos de Área Central, que venceu en 2010, así como en concursos de beleza locais. En 2011 gañou o premio Coolpeople na Cibeles Week de Madrid desfilando para Knack Men. Modelou para a firma californiana Hollister Co., ao tempo que se iniciou profesionalmente na venda de roupa en distintos establecementos.
En 2012 rodou en Portugal a curtametraxe O corpo de Afonso. En 2014 lanzou unha cadea de restaurantes de comida xaponesa, con locais en Madrid e na Coruña.