| From | Algeria |
| Gender | male |
| Birth | Tizi Ouzou, Tizi Ouzou District, Tizi Ouzou Province, Algeria |
Abdelhakim Bettache, nado en Azeffoun (Tizi Ouzou), coñecido como Hakim Bettache, é un político alxeriano e alcalde de Alxer.
Traxectoria
Estudou Política e relacións internacionais na Universidade de Alxer 3. Afiliado á Unión Nacional Democrática, un dos tres partidos progobernamentais alxerianos, Bettache foi primeiro tenente de alcalde de Alxer Centro no equipo do alcalde Tayeb Zitouni. En 2012, a un mes das eleccións locais, abandonou o equipo de Zitouni e presentouse aos comicios encabezando a lista do Movemento Popular Alxeriano. Os resultados déronlle unha lixeira vitoria sobre os outros candidatos, entre eles o alcalde daquela, que lle permitiron chegar á alcaldía.
| Predecesor: Tayeb Zitouni |
alcalde de Alxer Centro 2012 – actualidade |
Sucesor: no cargo |